luns, 21 de decembro de 2020

RECICLA, XOGA E DECORA

No CEIP de Prácticas, estamos inmersos nas actividades que xiran en torno ao noso horto escolar, agardando a que as nosas plantacións comecen a medrar. Por iso, estamos tamén moi comprometidos co coidado do medio ambiente e tomando conciencia da importancia que ten a reciclaxe e reducir o consumo de plásticos, tan presentes nesta época de Nadal.
Por este motivo, propoñémosvos para os que queirades, nestas vacacións fagades algún adorno navideño ou xoguete con elementos reciclados que teñades pola casa.
Se queredes, podedes mandarnos unha foto ao correo medioambiental.ceip.practicas@gmail.com da vosa creación e despois subirémoas todas á este blog do cole para que as poidades ver.
Aquñi vos deixamos a árbore de material reciclado que fixemos este ano no cole para todos os nenos e nenas.